Quero Ser Encomendador do Cocido de Lalín

Sirvan estas páxinas coma unha humilde homenaxe os lalinenses que traballan polo noso pobo. ¿Por qué non podo ser eu encomendador do cocido?.

Creo que todo aquel que me coñece, sabe qque uns dos placeres dos que me gusta disfrutar e un bo xantar.

Dito esto e sabendo que no pobo no que nacín dase un galardón gastronómico de importancia nacional, me propoño facer méritos para poder acadalo, mostrando nesta páxina todas aquelas facetas que no ámbito pesoal e profesional contribuiron a promoción do meu pobo natal.

Quero salientar que dito esforzo non ten caracter político nin interés económico pola miña parte. E a miña única ambición e acadar un obxectivo relacionado cunha das miñas aficións, o bo xantar e cuns dos pratos cos que mais disfruto na mesa.

 

Elaboración do Cocido de Lalín

cocidoDende fai uns anos, na feira do cocido, preparo este prato para os meus familiares e amigos. Lembro a primeira vez que o fixen, a receta deuma unha amiga e leveina a práctica bastante ben polo que comentaron os meus comensais.

Nunha pota de grandes dimensións metín a cachucha, carne de terneira, media galiña, algo de lacón e unha androlla, quero salientar que o tema da androlla foi cousa miña (gústame innovar). Despois de moitas horas, esa vez parecéronme eternas, eran as catro da maña cando mirei a carne e crin que estaba feita.

O día seguinte cocín por separado os grelos, as patacas e os garbanzos, estes últimos cos chourizos de carne. A auga que utilicei para elo foi a da carne que estivera cocendo ata altas horas da maña. Por certo, os grelos escocinos antes.

Espero que se algún lee esto lle sirva para elaborar dito prato, e a receita dun aficionado .Nos enlaces tedes outras recetas do Cocido de Lalín.

Elaboración de Cabaza cas cores dos equipos.

cocidoEste ano, polo Samaín do centro no que traballo realicei ca miña filla unha cabaza que vos mostro ao lado. As cores son os dos equipos de Rugby (no que militei varios anos), futbol, baloman, etc... de Lalín


www.juansanmartin.net