Son de Lalín

boda01Nacín en Lalín no ano 74, e desde ese momento a miña residencia estivo sempre neste pobo.

Quero indicar que son Dezan ou Dezao dende a cabeza a punta dos pes. De nai nativa de Donramiro, que no seu momento foi mais importante que o propio Lalín e que hoxe pasou a ser un barrio mais da Vila. E de pai de Santa Baia de Loson (O Corpiño).

Crecín no pobo estudiando no Colexio Público Comarcal de Lalín, que depois foi O Xesús Golmar e que fai unhos anos para amiña tristeza foi derruido ca construcción das novas instalacións. Para ir o instituto, non me movín moito, xa que estudiei no Ramón Maria Aller, que queda ao lado.

A universidade, neste caso non o puiden facer en Lalín, estudiei os primeiros tres anos en Ourense e os derradeiros dous anos da Licenciatura de Química en Santiago. Pero sempre vivindo en Lalín, xa que me desplazaba tódolos días a Ourense ou a Santiago en coche particular. Pódese dicir que estudiei a carreira en Lalín, xa que o que se di estudiar faciao na casa. Hoxe temos a UNED, e podería ter o pack completo.

En Ourense os meus compañeiros chamabanme LALIN, adiviñades porqué?.

 

Boda

Casei cunha rapaza de Ribadavia, pode ser un dos peros para que se me conceda a capa. Pero como se pode ver na foto anterior, a boda foi en Lalín. Dín que un se casa na terra da moza, pero neste caso puiden convencela.bendoiro

Por ceto, o meu traxe e da empresa lalinense FLORENTINO ea camisa e da tamén empresa lalinense GUERRAL.

A ceremonia celebrouse no PAZO DE BENDOIRO, capricho meu, xa qe se daba o caso de que o spa que posue foi unha das últimas obras das que foi director o meu finado pai.



A miña filla

Como poderedes supoñer os que ata aquí listedes algo, esta rexistrada no Xuzgado de Lalín e empadroada neste Concello. Outros dos puntos febles da miña candidatura e que non estudia en Lalín, xa que por motivos profesionais no é posible.

Eso sí, foi bautizada neste concello, no Santuario da Nosa Señora do Corpiño, de onde era oriundo o meu finado pai e donde reside o padriño.

 

 

www.juansanmartin.net