Xuntanzas

No ano 2008 promovín o meu primeiro evento atraendo xente de fora a visitar o noso pobo. Tamén teño traido amigos.. pero eso creo que o facemos todos. Aproveitando que teño un coche clásico da marca mercedes, realicei a primeira Xuntanza de Mercedes en Lalín. Aparcamos no centro da vila (na praza da igrexia), coa colaboración do concello. Visitamos o museo etnográfico da casa do patrón e xantamos no restaurante Marmita que estaba situado no Polígono de Botos.

 

Concentración Simultánea w123

No ano 2010 en colaboración con club nacional mercedes w123, realizamos a simultánea anual correspondente a zona Noroeste en Lalín. Cabe explicar que este clube realiza unha vez o ano unha concentración en cinco ubicacións simultaneamente da península ibérica. Este ano tocoulle a Lalín, visitamos os autocares Cuiña en Silleda e disfrutamos (Como no) dun cocido no Fogar de Breogán. Aquí tamén quero agradecer o trato exquisito que tiveron con nós o concello de Lalín, coma a sua Policia Local que nos facilitou a saida do pobo, así como a Garda Civil na sua sección de tráfico.

Aquí mostro os artigos do farode vigo

Colaboracións

Por outra parte, quero indicar que cando me podo intento colaborar con outras persoas na preparación de concentración ou eventos ou polo menos participar neles como é o caso das concentración moteras que se celebraron e onde os moteros viñan a degustar o noso prato. Por certo, aquí teño que tirar das orellas a quen lle corresponda, xa que se perdese esta concentración famosa polo menú (o noso cocido) é imperdoable. Son socio da Escudería O Toxo a que animo afiliarse a todo aquel que posue un clasico.

 

www.juansanmartin.net