Andaina dos Petroglifos .

jonatan


I Andaina Club Vila do Arenteiro

Hai uns días anticipámosvos a realización desta actividade deportiva-cultural que por motivos de calendario tivemos que retrasar ata o próximo 17 de Febreiro que se celebrará a I Andaina Vila do Arenteiro, incluída este ano dentro do programa que o Clube Vila do Arenteiro ten para este curso. O perfil da etapa e o recorrido é o seguinte:

Volver a inicio.

Información

O percorrido partirá dende frente o tanatorio de Madarnás, onde poderemos deixar os vehículos xa que o percorrido e circular e voltaremos o punto de inicio. A explanada e moi ampla e garantiza a seguridade dos nosos nenos.

O día e ó Domingo 17 de Febreiro, a recepción e entrega de dorsais será de 9:30 a 10:00 da maña, saindo todos para facer o percorrido a iso das 10:00. Acompañaranos nesta ocasión Juan José Alvarez, membro do Grupo Outeiro e profesor no Colexio Vila que faranos de guía dos petroglifos que imos visitar durante a andaina.

Esta actividade lúdica e sen ánimo de lucro é de libre asitencia para toda aquela persoa que queira acompañarnos, sexa ou non membro da comunidade educativa do colexio vila do arenteiro, a organización non se responsabiliza das persoas que asistan o evento e polo tanto tódolos aqueles menores de idade deberán ir acompañados dun adulto que se faga responsables dos mesmos.

O percorrido farase por vias asfaltadas de pouca ou nula circulación o que contribue a seguridade dos participantes na mesma.

Colaboran neste evento


Inscripción

A andaina está aberta a tódalas persoas que queiran participar nela, a inscripción poderase realizar no propio centro Colexio Vila do Arenteiro, enviado un email a clubvila@juansanmartin.net ou no punto de encontro entre as 9:30 e 10:00 do domingo 17 de Febreiro.


Xantar

Coincidindo ca XIX Festa da Cachucha, a organización da andaina pon a disposición dos participantes a posibilidade de realizar o xantar nun dos restaurantes recomendados . Todo aquel que dexese acompañarnos na degustación deste manxar despois da andaina deberalo comunicar a organización antes do día 16 para facer a pertienete reserva.

jonatan


Volver a inicio.

Diseñado por Juan Sanmartin 2012@copyright | www.juansanmartin.net